Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE MAÑÁ E O MÉRCORES Á CIDADE
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE MAÑÁ E O MÉRCORES Á CIDADE
O vehículo localizarase mañá nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, e o mércores 24 xunto ao centro de saúde, no Alto, estando operativo o servizo nas dúas xornadas en horario de tarde
Narón, 22 de febreiro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase mañá e o mércores á cidade. Na xornada de mañá o vehículo localizarase nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas, se ben o mércores 24 permanecerá estacionada xunto ao centro de saúde, na rúa 25 de Xullo, tamén en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.
Debido á actual situación sanitaria e para escalonar a afluencia de doadores/as, trabállase con cita previa para evitar esperas, podendo chamar para reservala as persoas que o desexen ao número de teléfono (de balde): 900 100 828. O persoal das unidades móbiles de ADOS e dos locais de doazón segue exhaustivos protocolos de seguridade para a prevención da Covid-19.
Aquelas persoas que acudan a doar sangue deben almorzar previamente e, no caso de xantar, esperar dúas horas antes de realizar a extracción. Haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal