Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A XUNTA ALIVIARÁ AS RESTRICIÓNS NA MAIORÍA DE CONCELLOS DA ÁREA CLÍNICA DE FERROL A PARTIR DO VINDEIRO VENRES
A XUNTA ALIVIARÁ AS RESTRICIÓNS NA MAIORÍA DE CONCELLOS DA ÁREA CLÍNICA DE FERROL A PARTIR DO VINDEIRO VENRES
En Narón permitirase a mobilidade entre concellos do mesmo nivel, a reunión de non convivintes ata un máximo de catro persoas, reabrirán os centros comerciais a fin de semana e a hostalería con servizo só de terraza e aforo máximo do 50% y hasta las 18.00 horas
Narón, a 22 de febreiro de 2021. O Comité Clínico anunciou hoxe cambios nas restricións derivadas da Covid-19 a partir do vindeiro venres, día 26, nos concellos nos que así o permita a situación asistencial. A nivel autonómico poderanse reabrir os centros comerciais as fins de semana co aforo ao 50%. O Concello de Narón quedará situado dende o venres no nivel 2 -dos tres estipulados pola Xunta, ao ter unha incidencia de entre 250 e 500 casos-, e a maiores das medidas autonómicas verá modificadas outras restricións.
En Narón permimitase a mobilidade entre os concellos da área clínica de Ferrol que teñan a mesma incidencia, o que supón que se poderá desprazar a todos menos os de Moeche e Cabanas, ao ter estes dous últimos maiores restricións -as do nivel máximo-.
Así mesmo, nos citados concellos da área clínica de Ferrol entre os que se atopa Narón permitirase a reunión con persoas non convivintes ata un máximo de catro persoas; e reabrirá a hostalería con servizo só en terraza e cun aforo máximo do 50% e ata as 18.00 horas.
A Comunidade Autónoma manterase pechada perimetralmente e deberán continuar cumpríndose as medidas sanitarias de prevención da Covid-19: uso de máscara, distancia social e hixiene de mans. O conxunto das medidas anunciadas hoxe dende a Xunta publicaranse no Diario Oficial de Galicia antes da súa entrada en vigor.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal