Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXPOSICIÓNS, LECTURAS DE TEXTOS, ENTREGA DE FLORES E A PROXECCIÓN DE "SEMPRE ROSALÍA", HOMENAXE DO CONCELLO A ROSALÍA DE CASTRO.
O Concello de Narón homenaxeará a Rosalía de Castro cunha serie de actividades baseadas na vida e obra da poetisa galega universal
Narón, 23 de febreiro de 2021. O Concello de Narón celebrará un ano máis o 24 de febreiro cun recoñecemento á figura de Rosalía de Castro a través dunha serie de propostas dirixidas a todo tipo de público. Ás exposicións de obras de Rosalía, así como estudos doutros autores sobre a poetisa galega máis universal, que permanecen na Biblioteca pública municipal a disposición das persoas que desexen participar nas lecturas públicas que serán difundidas nas redes sociais do Concello e da propia Biblioteca, súmanse as entregas de flores a persoas que merquen un libro en galego nas librerías locais Day, Nova, Contos, Nany, Merche, Albatros, Fina e Pasapáxina, que colaboran con esta celebración. Tamén recibirán a súa flor as persoas que leven prestado un libro da Biblioteca municipal ou das Axencias de Lectura da Gándara e da Solaina, como recordou a concelleira de Ensino e Bibliotecas Mercedes Taibo. Así mesmo, organizado desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, a gravación de “Sempre Rosalía”, de Producións Dispersas e protagonizada por Ana Ponte e Diego Freire, cun diálogo baseado en poemas de Rosalía de Castro e doutros autores, cun toque de humor, homenaxearán á poetisa contribuíndo ó seu achegamento ao público cunha visión máis alá de estereotipos que marcaron a súa época e incidindo no importante papel desenvolvido por Rosalía na defensa da cultura galega. Esta representación, ademáis de dirixirse especialmente a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria dos centros educativos de Narón, poderá verse en aberto para toda a cidadanía ao longo de todo o mércores, día 24, ao ser difundida por streaming nos enlaces seguintes: https://www.culturaenvivo.com/gl/sempre-rosalia/ . https://www.culturaenvivo.com/gl/semprerosalia-5/.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal