Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PERÍODO PARA SOLICITAR PRAZA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E NOS CENTROS DE ENSINO PARA MENORES QUE INICIAN A SÚA ETAPA ESCOLAR
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que o período de matrícula se manterá aberto dende o 1 ata o 22 de marzo
Narón, 26 de febreiro de 2021. Os centros de ensino da cidade, públicos e concertados, ofertan este ano un total de 364 prazas para nenas e nenos de 3 anos, que iniciarán a súa etapa escolar (nados en 2018). A responsable da área de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que o período para solicitar praza permanecerá aberto dende o vindeiro luns ata o día 22 de marzo (incluído), tanto para as escolas infantís municipais como para os centros de ensino. No que respecta ás tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), ofertan un total de 151 prazas para menores de 0 ata 3 anos, maioritariamente en horario de mañá, se ben na Gándara tamén hai quenda de tarde. As tramitacións para as prazas nas escolas infantís municipais deben realizarse no Concello, a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica do Concello. Nos centros de ensino públicos da cidade, das 364 prazas para menores a partir de 3 anos, ofértanse 50 nos da Gándara e A Solaina; 32 no do Feal, 25 nos de Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, na escola de Domirón e na escola do Val e 7 na escola de Sedes, estas tres últimas do CRA de Narón. Así mesmo, no que se refire aos concertados, hai dispoñibles 50 prazas no Santiago Apóstol, 25 no Jorge Juan e outras 25 no Ayala. As matrículas nos centros de ensino públicos e concertados da cidade deberán realizarse nos propios colexios, entregando unha única solicitude e a documentación nos centros que elixan como primeira opción, segundo explicou a edil naronesa. Taibo recordou que debido á actual situación sanitaria este ano non se puido convocar a xuntanza que se programaba cada ano cos responsables da dirección dos centros e os pais e nais para ofrecer información sobre cada un deles. “Este ano toda a información dos centros e as referencias legais que regulan o proceso de admisión poderá consultarse tamén, ao igual que en anos anteriores, a través da páxina web municipal: buscocole.naron.es unha ferramenta moi útil á hora de orientar ás familias con fillas e fillos en idade escolar”, recalcou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal