Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADA A EXPOSICIÓN SOBRE A EVOLUCIÓN DAS MULLERES GALEGAS NO ÁMBITO LABORAL
Pode visitarse ata o 9 de outubro nos baixos da Biblioteca Municipal do Alto.
Narón, 15 de Setembro de 2009.- A Concellalía de Igualdade de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada, inaugurou hoxe unha exposición sobre a evolución das mulleres galegas no ámbito laboral, cuxo autor é Xosé Abad. Trátase dunha mostra patrocinada pola Deputación de A Coruña, e que poderá visitarse nos baixos da Biblioteca Municipal do Alto do 15 de setembro ó 9 de outubro, en horario de 10 a 13 horas (de luns a sábado) e de 17 a 20 horas (de luns a venres). A exposición está composta por 24 fotografías orixinais a cor e un audiovisual, e estará atendida por dúas persoas da Deputación que se encargarán de informar ós visitantes sobre o contido da mesma. Nesta mostra pódese ollear o traballo de nais e fillas que mostran diferencias sociolaborais, reflexadas nun vídeo que amosa o cambio sustancial rexistrado dunha xeración a outra no concerniente ó traballo. Son testimonios reais de nais galegas que loitaron por un futuro diferente ó seu para as súas fillas, que influíron na súa formación e traballaron arreo para darlles unhas oportunidades que elas non tiveron. Trátase de nais que traballaron coma agricultoras, mariscadoras, amas de casa, tendeiras, ganadeiras ou limpadoras. As súas fillas viven nunha sociedade distinta, coas oportunidades que non tiveron as súas proxenitoras, tendo acceso á educación e a unha profesión, convértindose hoxe en doctoras, bombeiras, mestras, empresarias, teleoperadoras, etc…

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal