Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE CO XEFE DA DEMARCACIÓN DE COSTAS EN GALICIA PARA AVANZAR NOS TRÁMITES QUE PERMITAN REHABILITAR O MUÍÑO DAS ACEÑAS
Marián Ferreiro avanzou que se retomarán as negociacións para adquirir a propiedade pero analizou co responsable de Costas outras alternativas para que o muíño pase a ser propiedade municipal
Narón, 13 de marzo de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, reuníronse onte co xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, para abordar diferentes asuntos de interese para a cidade. Un dos temas que Ferreiro lle trasladou a Eimil foi o interese do goberno local por facerse coa propiedade do muíño das Aceñas, “co fin de recuperar esta construción de tanto valor patrimonial na nosa cidade e que está en moi mal estado de conservación”. A rexedora local manifestou o seu interese por chegar a un acordo cos propietarios da construción para adquirila pero tamén se interesou por outras alternativas para que no caso de que o acordo non fructificase, permitisen ao Concello facerse con este inmoble. Entre elas, tal e como se abordou na xuntanza, estaría a posibilidade de solicitar á Demarcación de Costas a concesión dunha parte da construción, concretamente a que se atopa en zona de dominio público. “A través desta outra opción sobre a que nos informamos na reunión teriamos a posibilidade de que unha parte do muíño pase a formar parte do patrimonio municipal”, explicou, asegurando que “a primeira das vías que se retomará dende o goberno local será a de tratar de desbloquear as negociacións que impediron en ocasións adquirir a construción, ao non chegar a un acordo económico cos propietarios en ningunha das ofertas económicas que presentamos dende o Concello”. O pasado mes de decembro a corporación local aprobou por unanimidade no pleno unha moción na que se recollía o compromiso de realizar as xestións oportunas para adquirir o muíño das Aceñas co fin de rehabilitalo. En base a ese documento, a alcaldesa convocou unha reunión que tivo lugar no Concello o pasado mes de xaneiro para seguir avanzando nesta mesma liña e donde tamén se acordou contactar coa Demarcación de Costas e a Xunta de Galicia para analizar a viabilidade de que se manteñan os compromisos necesarios para recuperar esta valiosa construción. “Continuaremos traballando para que o muíño pase a ser propiedade municipal e evitar que siga deteriorándose co paso do tempo unha construción que representa todo un símbolo da nosa cidade”, recalcou Ferreiro. Así mesmo, incidiu na importancia de que “dende o Concello contemos co respaldo das administracións supramunicipais que no seu día se comprometeron a colaborar para facer posible a recuperación deste inmoble, xa que precisa dun investimento moi importante”. A que foi a Real Fábrica de Fariñas do Ponto de Xuvia é o único muíño intermareal da comarca de Ferrolterra e un dos poucos que hai en Galicia. “Construíuse a finais do século XVIII e foi unha das grandes fábricas de fariña de Galicia no século XIX, polo que sería moi importante que a propiedade pasase a ser municipal para recuperala como parte importante da historia desta cidade”, subliñou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal