Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA OS ESPECTÁCULOS "CRÓNICA DUNHA HETEROSEXUAL INSATISFEITA", "MOCOS" E "FÍOS"
As representacións enmárcanse no programa da sexta edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular
Narón, 15 de marzo de 2021. A programación da sexta edición do Festival Internacional do monólogo teatral Singular continuará esta fin de semana con tres propostas dirixidas a todo tipo de públicos. A primeira cita desta semana terá lugar o venres, día 19, coa representación da obra “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”, da compañía Verdeverás Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego. A actriz María Ángeles Iglesias subirase ao escenario do Pazo –ás 20.30 horas- para meterse no papel dunha muller que realizará varios balances da súa vida no momento en que descobre que se está a facer vella e que se transformará concretando unha das súas fantasías. O sábado día 20 poderase ver “Mocos”, da compañía galega Contraproduccións e protagonizada polo actor Cándido Pazó. A partir das 20.00 horas o actor galego representará este monólogo centrado na época da pandemia da Covid-19 e cunha escola como espazo escénico, xogando coa memoria herdada do mundo que todos habitamos algún día e que do que o público será testemuño a través de divertidas historias. A programación desta semana do Festival Singular en canto a representacións teatrais completarase coa representación de “Fíos”, doutra compañía galega, Baobab Teatro. Ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo o público familiar e infantil ten unha cita con esta peza a cargo da actriz e titiriteira Andrea Bayer. Nun taller de costura sucederanse varias historias que vive unha modista con visitas que lle piden axuda. Os personaxes irán deixando mensaxes, sentimentos, reflexións… neste festival enmarcado no programa “Singulariño!”. Entre as propostas do “VI Festival internacional do monólogo teatral Singular” tamén está unha mesa redonda programada para este venres, día 19, sobre “Circulación internacional de espectáculos teatrais”. A partir das 18.00 horas recoñecidos profesionais do teatro a nivel nacional e internacional participarán nesta convocatoria: Octavio Arbeláez, director do Festival de Manizales (Colombia); Gustavo Zidán, responsable de programación de Montevideo (Uruguay); Zaida Sánchez, secretaria técnica de Iberescena (Costa Rica); Mario Vega, director do Mercado de las Artes Performativas del Atlántico Sur, MAPAS, (Tenerife) e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Moderará esta mesa o director do teatro Rosalía de Castro da Coruña, Paulo Rodríguez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal