Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN "MULLERES EN NARÓN" ORGANIZADA CON MOTIVO DO 8M PERMANECERÁ INSTALADA UNHA SEMANA NAS INMEDIACIÓNS DO CENTRO CÍVICO SOCIAL DO VAL
A edil de Igualdade, Mar Gómez, animou ás veciñas e veciños a visitar esta mostra, formada por varios paneis
Narón, 25 de marzo de 2021. A exposición fotográfica itinerante “Mulleres en Narón” trasladouse novamente de ubicación e dende esta tarde ata o 31 de marzo permanecerá nas inmediacións do Centro cívico social do Val para posteriormente levala á praza do antigo Concello de Xuvia, donde estará tamén unha semana, tal e como indicou a edil de Igualdade, Mar Gómez. A exposición consta de tres paneis temáticos centrados no papel da muller e nos que se pode ver ás mulleres que recibiron a distinción de “Muller do Ano de Narón” entre os anos 2016 e 2020 incluídos; información sobre a Revolta Popular de 1918 e as súas consecuencias en Narón e os recursos que ten o Concello en materia de Igualdade. Gómez recordou que a exposición xa se instalou na Praza da Gándara e estivo ata hoxe na Praza de Galicia. Así mesmo, animou á veciñanza a acudir a ver os diferentes paneis “para coñecer un pouco máis parte da historia da nosa cidade, na que as mulleres tiveron un papel moi importante e que dende o Concello quixemos recoñecer, a modo de resumo, con esta mostra con motivo do Día Internacional da Muller”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal