Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REUNIÓN DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA COMPAÑÍA DE SERVIZOS MEDIOAMBIENTAIS DO ATLÁNTICO S.A. (COSMA S.A.)
Entre os asuntos tratados, incoación de dous expedientes de licitación de obras, en Ferrerías e na parroquia de O Val-Outeiros
Narón, 29 de marzo de 2021. Na mañá de hoxe tivo lugar no Concello a reunión do Consello de Administración da Compañía de Servizos Medioambientàis do Atlántico COSMA S.A. presidido pola alcaldesa Marián Ferreiro, e coa asistencia do Secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado, o edil de Servizos, Ibán Santalla, o Xerente de COSMA, José Manuel Marcote, o representante do resto de socios/as de COSMA, Jose Luis Ibáñez, o portavoz do PSdeG, David Pita, o portavoz do PP, Germán Castrillón e a portavoz do BNG, Olaia Ledo. Na reunión tratáronse, entre outros asuntos, a incoación de expediente de licitación de obra de “Ampliación da rede de saneamento na parroquia de O Val – Outeiros” que afectará a cerca de 90 vivendas, uns 4,3 Kilómetros de rede e un bombeo, cun importe de 493.037,68 euros. Así mesmo, tratouse a incoación de expediente de licitación de obra de “Renovación e reforzo na rede de abastecemento do Trece” coa renovación de 1 Kilómetro de rede de abastecemento, renovación de 54 acometidas e un grupo de presión para poñer en servizo a rede de abastecemento de Ferrerías. Esto daría servizo en torno a unhas 80 vivendas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal