Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 120 RAPAZAS E RAPACES PARTICIPARÁN ESTE MES NOS PLENOS ESCOLARES ORGANIZADOS DENDE A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, asistiron hoxe á primeira sesión por videoconferencia con alumnado do IES Terra de Trasancos
Narón, 16 de abril de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, participaron esta mañá nun pleno escolar por videoconferencia organizado dende a Escola de Participación Cidadá de Narón. A sesión de hoxe, con alumnado de primeiro de Bacharelato do IES Terra de Trasancos, foi a primeira das seis programadas para este mes de abril e nas que tamén se implicará alumnado do colexio Jorge Juan e do IES As Telleiras. Máis de 120 rapazas e rapaces destes tres centros de ensino da cidade participarán nesta convocatoria. Ferreiro e García deron a benvida aos rapaces e rapazas do IES Terra de Trasancos e felicitáronos polo traballo previo realizado, ao tempo que os animaron a explicarlles unha por unha as propostas de futuro que teñen para a cidade. Así o fixeron e voluntarias e voluntarios da aula expuxeron iniciativas vencelladas con equipamentos deportivos e culturais, mantemento de infraestruturas, actividades culturais, espazos de lecer e mobilidade, entre outros. Esta primeira sesión dos plenos é unha actividade didáctica programada co fin de “fomentar a participación das mozas e mozos e identificar as súas necesidades e iniciativas pensadas para a cidade para posteriormente analizar a súa viabilidade”, apuntou Ferreiro. En total, segundo indicou García, “lévanse a cabo dúas sesións nas aulas con persoal técnico da Escola de Participación Cidadá, que comezaron o pasado 6 de abril, e unha terceira, que foi a de hoxe, para trasladar as propostas ao Concello, simulando a celebración dun pleno”. A alcaldesa e a concelleira de Participación Cidadá avanzáronlle ao alumnado, en relación con algunhas das propostas plantexadas, que en canto se alivien as restricións sanitarias se retomarán campañas medioambientais dirixidas á cidadanía e tamén lles facilitaron contactos de departamentos municipais aos que poder dirixirse en caso de querer solventar algunha dúbida ou trasladar posibles incidencias. Así mesmo, animouse aos escolares a que ofrezan tamén as súas preferencias á hora de desenvolver por exemplo actividades culturais na cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal