Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE XOVES A PRESENTACIÓN DO LIBRO: "COSAL: COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CON AMÉRICA LATINA. UNHA EXPERIENCIA SOLIDARIA EN FERROLTERRA 1979-1995"
A cita será a partir das 19.30 horas e a entrada é libre ata completar o aforo dispoñible
Narón, 20 de abril de 2021. O Pazo da Cultura acollerá este xoves, día 22, a presentación do libro “Cosal: Comité de solidariedade con América Latina. Unha experiencia solidaria en Ferrolterra 1979-1995”. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acudirá á convocatoria, que dará comezo ás 19.30 horas e con entrada libre ata completar o aforo. O director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández, presentará o acto, no que intervirán os autores da publicación, Antón Blanco, Xaquín Ros e Anxo Ferreiro. O Concello de Narón colaborou na edición deste libro, no que se recollen diversas experiencias solidarias con países de América Latina nas que se implicaron, entre outros, concellos de Ferrolterra como o de Narón. Na publicación figuran varios actos e mostras de solidariedade que se levaron a cabo dende o Consistorio naronés, que continúa apoiando diversas causas en países desfavorecidos a través de varias entidades.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal