Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLEU ESTA TARDE A PRESENTACIÓN DO LIBRO: "COSAL: COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CON AMÉRICA LATINA. UNHA EXPERIENCIA SOLIDARIA EN FERROLTERRA 1979-1995"
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu á convocatoria, na que tamén estiveron os tres exalcaldes da cidade, Antonio Martínez Aneiros, Xoán Gato e José Manuel Blanco
Narón, 22 de abril de 2021. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, asistiu esta tarde á presentación do libro “Cosal: Comité de solidariedade con América Latina. Unha experiencia solidaria en Ferrolterra 1979-1995”. O Pazo da Cultura acolleu a convocatoria, que deu comezo ás 19.30 horas e na que interviñeron os tres autores da publicación, Antón Blanco, Xaquín Ros e Anxo Ferreiro, tras presentalos o director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández. Na publicación, en cuxa edición participou o Concello de Narón, entre outros da comarca, os autores recompilaron información das mostras e accións solidarias que se levaron a cabo na comarca con países de América Latina, plasmando deste xeito unha historia colectiva de solidariedade internacional. Estiveron tamén presentes na convocatoria Antonio Martínez Aneiros, Xoán Gato e José Manuel Blanco, tres exalcaldes da cidade coñecedores en primeira persoa desas mostras solidarias que se impulsaron dende o Consistorio naronés a partir do ano 1979. A día de hoxe o Concello colabora tamén con entidades e causas encamiñadas a mellorar as condicións de vida de persoas que viven en países máis desfavorecidos, unha solidariedade que se plasma tanto a través de achegas económicas para materializar proxectos como da entrega de material.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal