Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E REPRESENTANTES DOS GRUPOS DA CORPORACIÓN LOCAL RECIBIRON HOXE NO CONCELLO A UNHA REPRESENTACIÓN DO PLANTEL DA EMPRESA CÁNDIDO HERMIDA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que dende o Consistorio se ofreceu a posibilidade de levar ao vindeiro pleno unha declaración institucional apoiando as reivindicacións do colectivo
Narón, 23 de abril de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e integrantes dos grupos políticos da corporación local recibiron hoxe no salón de plenos do Concello a representantes sindicais e do plantel da empresa Cándido Hermida, que lles trasladaron a súa preocupación tralo despedimento de vinte e tres persoas dende o pasado 14 de abril. O colectivo realizou unha concentración ante o Concello tras chegar nunha marcha a pé dende a sede da empresa no polígono de Río do Pozo, antes de reunirse cos políticos locais. No encontro, que deu comezo sobre as 12.00 horas, manifestoulle aos representantes da corporación local o seu malestar ante a actual situación, que derivou nos citados despedimentos e tamén pola ruptura das negociacións entre as partes. Sindicatos e traballadores esixen á empresa que dea marcha atrás na súa decisión e que abra unha mesa de negociación para solventar a situación e pediron ao Concello o apoio ás súas reivindicacións. A alcaldesa, Marián Ferreiro, manifestou trala reunión que dende o Consistorio se ofreceu a posibilidade de levar ao pleno de finais de mes, o vindeiro xoves, unha declaración institucional para apoiar as reivindicacións das traballadoras e traballadores, entre as que está a apertura dunha vía de diálogo para tratar de chegar a un acordo satisfactorio para ambas partes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal