CORTE DE SUBMINISTRO ELÉCTRICO O VINDEIRO XOVES PARA REALIZAR TAREFAS DE MANTEMENTO NA REDE
O edil de Servizos, Ibán Santalla, indicou que o Grupo Naturgy informou ao Concello de posibles interrupcións no servizo en edificios localizados nas inmediacións da estrada de Castela
Narón, 4 de maio de 2021. O grupo Naturgy anunciou un corte no subministro de enerxía eléctrica que terá lugar este xoves, día 6, entre as 02.00 e as 05.00 horas. O edil de Servizos, Ibán Santalla, indicou que tal e como trasladou a compañía esta medida afectará a inmobles localizados nas inmediacións da estrada de Castela.
Dende o Grupo Naturgy explicaron que a medida responde á necesidade de efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para mellorar o subministro na zona, o que obriga a deixar fóra de servizo temporalmente parte das instalacións, xerando posibles interrupcións no subministro de electricidade no citado intervalo de tempo.