Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA CO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS
A campaña desenvolverase o venres 7 e o sábado 8 en varios establecementos de alimentación da cidade, tal e como avanzaron a edil de Benestar Social, Catalina García, e José Manuel González, responsable do Centro de Recursos Solidarios
Narón, 5 de maio de 2021. O Concello organiza coa Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón unha nova campaña de recollida de alimentos que se desenvolverá este venres e sábado en varias ubicacións da cidade. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, e o responsable do Centro de Recursos Solidarios, José Manuel González, presentaron esta mañá a iniciativa, encamiñada a recoller produtos de primeira necesidade para axudar ás familias que máis o precisan. García explicou que as persoas que poidan colaborar poderán facelo na xornada do venres día 7 e o sábado 8 en horario de 10.30 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 nas instalacións do Lidl da Gándara e do Boial. No mesmo horario o venres pola tarde e o sábado pola mañá e pola tarde haberá recollida de alimentos nos Froiz de Freixeiro, A Gándara, Santa Icía e O Alto; no Dia do Ponto, no Covirán de Xuvia, na cooperativa de Meirás, en San Mateo e na cooperativa do Val. O representante do Centro de Recursos Solidarios de Narón indicou que atendendo ás necesidades actuais, preferentemente se doen leite enteira, aceite, galletas, garbanzos, fariña, azúcre, pasta, lentellas, cacao, conservas de todo tipo, produtos de hixiene persoal, de limpeza, do fogar e cueiros (tallas 4-5 e 6). Persoal do Centro de Recursos Solidarios e de Protección Civil de Narón encargarase de efectuar a recollida das doazóns para posteriormente levalas ás instalacións do citado centro, no polígono da Gándara (xunto ao Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz). Tamén no centro se poden realizar doazóns de alimentos na xornada do venres, de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. José Manuel González agradeceu a implicación do Concello naronés en todas as campañas que se realizan durante o ano destinadas ás familias máis vulnerables e tamén do persoal que estará colaborando desinteresadamente estes dous días para poder levar a cabo a campaña. Na mesma liña se manifestou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, que destacou o traballo do persoal voluntario do Centro de Recursos e de Protección Civil de Narón e fixo un chamamento á cidadanía para que “no caso de que poidan colaborar o fagan a través desta campaña para axudar ás 160 familias que cada mes reciben alimentos e produtos de hixiene dende o Centro de Recursos Solidarios de Narón”. García recalcou que “as veciñas e veciños de Narón son moi solidarios e sempre colaboran, como teñen demostrado en anteriores campañas, polo que agradezo de antemán as aportacións de todas cantas persoas poidan axudar tamén nesta ocasión”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal