Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS CELEBRARANSE ESTA SEMANA NO ALTO DO CASTIÑEIRO E NA PARROQUIA DE PEDROSO
A edil de Participación Cidadá, Catalina García, animou ás veciñas e veciños da cidade a participar nestas convocatorias
Narón, 18 de maio de 2021. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presidiu as os Consellos Territoriais celebrados a pasada semana en Freixeiro, San Xiao e no Couto e fará o propio coas sesións programadas para mañá no Alto do Castiñeiro -19.30 horas- e o xoves día 20 en Pedroso -19.00-, nos locais sociais do Alto e da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, respectivamente. García explicou que estas convocatorias se desenvolven “como unha primeira toma de contacto para reactivar os barrios e as parroquias da cidade tralo alivio parcial das restricións derivadas da situación sanitaria”. A edil naronesa explicou que se está retomando o contacto máis directamente coas entidades para explicarlles cuestións como “as modificacións no Regulamento de Participación Cidadá, donde se están renovando os representantes do Consello Xeral; a inclusión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) na plataforma Narón Participa para poder presentar suxestións a este importante documento que se está tramitando, e outras cuestións de relevancia para o futuro da nosa cidade”. Nas sesións abordáronse temas relacionados coa accesibilidade, a interconexión de barrios, servizos municipais, comunicación ferroviaria, o Camiño Inglés, entre outras, tal e como apuntou a edil de Participación Cidadá. Polo momento participaron nos Consellos Territoriais, ademais de representantes dos grupos políticos da corporación, integrantes das entidades veciñais das tres parroquias nas que se celebraron. Ao respecto, García realizou un chamamento para que a cidadanía en xeral e os representantes doutras entidades que traballan na cidade en particular –a maiores das veciñais- participen neste tipo de convocatorias. “Pola situación sanitaria actual a asistencia presencial está aínda limitada pero tamén ofrecemos a posibilidade de que a xente o faga vía telemática, para o que conta con todo o apoio preciso da Escola de Participación Cidadá, dende donde lles explicarán todo o que é preciso para unirse ás reunións”, asegurou. A concelleira de Participación Cidadá subliñou que os Consellos Territoriais “son moi útiles para entre todas e todos construír o Narón que queremos”. García agradeceu a participación de todas as persoas que se sumaron aos Consellos e incidiu na importancia de que se sumen máis veciñas e veciños para abordar en conxunto a visión da cidade.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es