Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO VENRES UNHA PONENCIA SOBRE "A MAXIA DO CINE: POR QUE NOS EMOCIONAN AS PELÍCULAS?"
O comisario da mostra "Os cines perdidos de Narón", Benjamín Hermida, presentará á ponente, Anabel Valera, representante do Cineclube Serie B Cidade de Narón
Narón, 19 de maio de 2021. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá este venres, día 21, a ponencia “A maxia do cine. Por que nos emocionan as películas?”. Anabel Valera Formoso, representante do Cineclube Serie B Cidade de Narón e deseñadora industrial, será a encargada de abordar a citada temática na convocatoria, cun aforo de 40 persoas –que accederán por orde de chegada- debido á actual situación sanitaria. O evento dará comezo ás 19.00 horas. Na ponencia Valera falará sobre os trucos que en ocasións se usan no mundo do cine para xerar sentimentos e sensacións no espectador. Proxectaranse secuencias de varias películas a través das que se amosarán as ferramentas utilizadas con esta finalidade para explicar con exemplos a maxia das sensacións que produce unha película no espectador. O encargado de presentar á ponente será Benjamín Hermida, comisario da mostra “Os cines perdidos de Narón”, que pode verse ata finais deste mes no Pazo da Cultura.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es