Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NUNHA ACCIÓN FORMATIVA DE "PREPARACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que as persoas interesadas poden aínda anotarse mañá a través do Rexistro municipal
Narón, 3 de xuño de 2021. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que aínda quedan algunhas prazas para inscribirse no curso de Preparación Competencias Clave nivel 2 (Matemáticas, lingua castelá e galega) que se impartirá a través do Programa Municipal de Formación. Esta acción formativa, que ten un total de 60 horas e se impartirá dende o vindeiro luns ata o 23 de xuño no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, diríxese a persoas desempregadas, empadroadas en Narón e maiores de 18 anos. As persoas interesadas en participar poden aínda anotarse mañá a través do Rexistro municipal, en horario de 8.30 a 13.00, tal e como recordou Hermida. O curso impartirase de luns a venres en horario de 9.15 a 13.50 horas (aproximadamente) e poderán realizalo un máximo de quince persoas. Teñen prioridade para a concesión das prazas aquelas persoas inscritas nas probas de avaliación en Competencias Clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocadas pola Xunta de Galicia (baixo a resolución do 26 de febreiro de 2021-DOG do 5 de marzo de 2021). As persoas que se atopen nesta situación deberán presentar xunto coa instancia das novas accións formativas unha fotocopia da solicitude rexistrada nas probas de Competencia Clave de nivel 2 da citada convocatoria. Para obter máis información sobre esta acción formativa de Preparación Competencias Clave nivel 2 pódese chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal