Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CPR SANTIAGO APÓSTOL ESTREOU HOXE UNHA NOVA ESTRUTURA PARA DEPOSITAR TAPÓNS DE PLÁSTICO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse á praza Gándara Park, donde se ubicou a estrutura, xunto con escolares de segundo curso de Primaria do centro
Narón, 7 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse este mediodía á praza Gándara Park para participar con alumnado de segundo de Primaria do CPR Santiago Apóstol na estrea dunha nova estrutura para depositar tapóns de plástico. Ferreiro e Santalla depositaron xunto coas nenas e nenos os primeiros tapóns de plástico na estrutura e os escolares incluso cantaron e bailaron unha canción sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Ferreiro felicitou aos menores de segundo B por interesarse ante o Concello, a través dun correo electrónico, na posibilidade de que se instalasen colectores para recoller tapóns, ao quedarse sen os que tiñan no centro educativo antes da Covid-19. “Quero darvos as grazas por estar tan concienciados e apostar polo feito de que dende o Concello continuemos instalando este tipo de estruturas, das que xa hai outra no paseo de Xuvia e que queremos ir colocando tamén noutros barrios da zona urbana e en parroquias do rural”. Así mesmo, a alcaldesa valorou o feito de que “as nenas e nenos sigades traendo aquí tapóns de plástico que se reciclan con fins benéficos para axudar a determinados colectivos”. En canto ao alumnado de segundo A, “tamén é moi gratificante que esteades traballando nese proxecto que nos indicastes sobre como afecta ao medio ambiente o consumo de plásticos, por iso en canto tivemos coñecemento desa iniciativa xa en marcha quixemos aportar o noso gran de area e instalar este contenedor preto do voso colexio”. Os escolares, que aseguraron que lles gustou o resultado final da súa proposta, agradeceron o feito de que o Concello atendera as peticións formuladas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal