Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN MOVILIDAD HUMANA HABILITA UN PUNTO DE ATENCIÓN PROVISIONAL NO LOCAL SOCIAL DA GÁNDARA
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, visitou á presidenta da asociación, Katia González, no local social da Gándara
Narón, 8 de xuño de 2021. A Asociación Movilidad Humana, un colectivo integrado por mulleres que traballan para facilitar a incorporación das persoas en movilidade humana, tras detectar as principais áreas nas que se require unha acollida próxima e eficiente, habilitou un punto de atención no local social da Gándara. Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, que se reuniu coa presidenta da entidade, Katia González, e outros integrantes do colectivo. O punto de atención estará operativo os venres, en horario de 10.00 a 13.00 na nova ubicación ata que rematen as obras que se están executando para a que será a súa ubicación definitiva, o antigo consultorio de Santa Icía. García destacou que “as persoas de Narón ás que atenden dende a Asociación Movilidad Humana tiñan que desprazarse ata o momento a Ferrol para solicitar algún dos servizos que ofrecen, e en moitos casos ese mesmo desprazamento supón un impedimento debido á súa situación persoal”. A presidenta da entidade asegurou que nestes momentos “estamos atendendo a preto de medio centenar de persoas, xunto coas súas respectivas familias, coas que traballamos temas de acollida, mediación intercultural dun migrante a outro, atención xurídica en extranxeiría, e en moitísimos casos no tema das empregadas de fogar porque hai unha porcentaxe elevadísima como nicho laboral”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal