Se celebra este domingo no Recinto Feiral do Trece, en Sedes.
Narón, 22 de Outubro de 2009.- A Concelleira de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez, e o responsable da organización da IX Feira do Mel, Alberto Casal, presentaron hoxe en rolda de prensa o evento que terá lugar o domingo 25 de outubro no Recinto Feiral do Trece, a partires das 10 da mañá. Esta feira está organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA).
A edil de Feiras explicou que para esta concellería “resulta fundamental apoiar iniciativas coma ésta porque fomentan o comercio directo entre apicultores e consumidores, e ademáis serven para promocionar os productos artesáns e naturais”, dixo Mª del Mar Gómez, referíndose a estos últimos coma “os de maior calidade para o consumidor”.
Ademáis, a concelleira animou a tódolos veciños a visitar esta feira na que se inclúe unha degustación gratuita de mel con queixo e pan integral, e un sorteo de trece cestas con productos da feira. Tamén se montará unha exposición divulgativa apícola e se desenvolverán obradoiros sobre o proceso de producción do mel.
O programa da IX Feira do Mel e productos ecolóxicos é o seguinte:
A PARTIR DAS 10 HORAS:
- Gran exposición con artesáns do mel e productores ecolóxicos.
- Amplia exposición divulgativa apícola por parte da AGA.
- Talleres divulgativos (artesanía da cera e procesado do mel).
- Venda de productos apícolas e ecolóxicos en xeral.
A PARTIR DAS 12,30 HORAS:
- Degustación gratuita de mel con queixo e pan integral, de producción ecolóxica.
ÁS 11 E ÁS 13,30 HORAS:
- Sorteo de 13 grandes cestas entre os asistentes, cos productos expostos.
De xeito paralelo á IX Feira do Mel e da agricultura ecolóxica, este fin de semana se celebran no parque temático do mundo rural Aldea Nova as Xornadas Técnicas “Apicultura e Saúde”, co seguinte programa:
Venres, 25 de Outubro (19:00 horas).- Conferencia: “Programa galego de selección de abellas resistentes á Varroa”. Ponente: Marcos Varela Lorenzo.- Inx. Técnico Agrícola, especializado en apicultura e membro do Equipo Técnico Sanitario de AGA. A nosa abella aprende a combatir a varroa. Se antes se potenciaban temas tales como rusticidade, mansedume e productividade, agora tense que ter en conta esta outra cualidade de loita biolóxica.
Sábado, 24 de Outubro.-
– 10:30 horas.- “Apicultura ecolóxica sostible – Regreso á abella pequena”. Ponente.- Stephan Braun de BIOAPI, Asociación de Apicultores Ecolóxicos de Abella Negra. ¿Trabállase de xeito harmonioso coa abella? ¿Respétase o seu xeito de vida? Este alemán afincado en Canarias expondrá a filosofía de traballo dos Lusby coa abella pequena resistente a tódalas doenzas. A pauta é “voltar ao natural”, con temas tales como o tamaño da abella, distancia entre panais, posición dos mesmos, etc. Este tema, por trascendencia e contido, será exposto con todo detalle, e isto significa que terá unha duración aproximada de catro horas.
– 17 Horas.- “Flora de interés apícola” por Juan José Lastra Menéndez. Catedrático da Escola Universitaria de Oviedo. Compoñente do Equipo de Investigación en Apicultura do Departamento de Bioloxía de Organismos e Sistemas. Este gran experto e bo comunicador participou en xornadas anteriores na bisbarra deixando moi satisfeitos a tódolos oíntes. Agora exporá a materia na cal é todo un especialista.
os da feira.