Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA CON DEZ ENTIDADES SOCIAIS A CAMPAÑA "EU SUMO"
A edil de Benestar Social, Catalina García, presentou a iniciativa, que se enmarca no programa "Un mundo cheo de diversidade" e que inclúe a emisión de varios vídeos
Narón, 14 de xullo de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, presentou esta mañá a campaña “Eu Sumo”, que se desenvolverá este ano no marco do programa “Un mundo cheo de diversidade”. A edil naronesa avanzou que se trata dunha proposta “de sensibilización en redes sociais e nos medios de comunicación na que daremos a coñecer historias diversas de usuarias e usuarios das entidades participantes”. García explicou que o nome desta campaña responde a que “a diversidade sempre suma”. Dende o Concello, tal e como recordou a edil, contactouse co tecido asociativo da cidade para ofrecerlle a posibilidade de participar nesta actividade. Finalmente, indicou, sumáronse a Asociación Sociocultural ASCM, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, a Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), a Asociación Nuestra Señora de Chamorro, a Asociación Síndrome de Down “Teima”, a Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor), A Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer), a Asociación Movilidad Humana, a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps) e a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes). “Quero agradecerlles a todas elas unha vez máis a súa boa disposición e implicación para participar nesta campaña, e a todas as que non puideron facelo este ano, agradecerlles tamén o seu labor na sociedade e animalas a que desfruten do traballo realizado en “Eu Sumo”. Os vídeos de YouTube protagonizados por usuarias e usuarios das entidades participantes, dez en total, poderanse ver os todos os venres dende o 23 de xullo ao 24 de setembro. “Os mércores previos poderase ver unha post a modo de resumo, sendo o primeiro o vindeiro de 21 de xullo”, avanzou García. A concelleira animou á cidadanía a darlles difusión, a través dos cancelos da campaña: #eusumo, #naronsuma e indicou que se poderán ver en Instagram –eu_sumo-, en Tick Tok –Eu_sumo-, en YouTube –Eu Sumo- e no Facebook –Concello de Narón-.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal