Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MOSTEIRO DO COUTO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O EVENTO "NOITE NO MOSTEIRO" CON ACTUACIÓN DE ARKO EXPERIENCE, UN ESPECTÁCULO DE ILUMINACIÓN E POESÍA
O Concello deseñou un plan de tráfico especial para regular a circulación rodada na zona
Narón, 22 de xullo de 2021. O mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, acollerá este sábado, día 24, o evento “Noite no mosteiro”. O Concello organiza un ano máis esta cita, que amenizará a formación “Arko Experience” protagonistas dos concertos –haberá tres pases con descansos entre cada un deles- que terán lugar entre as 22.30 e as 01.00 horas na parte traseira do cenobio naronés. Así mesmo, haberá un espectáculo de iluminación artística da fachada do mosteiro do Couto –con algunhas novidades con respecto ás anteriores edicións- e lerase durante o acto o poema “Galicia”, do recoñecido escritor galego Ramón Cabanillas. Debido á actual situación sanitaria haberá un control de acceso, polo que é preciso rexistrarse previamente, de balde, na web: www.eventi.es/blog, debendo amosar a entrada no punto habilitado no recinto. Tamén se poderá anotar o público, no caso de que quede aforo, o propio día do evento nas inmediacións do mosteiro do Couto. Será obrigatorio en todo momento o uso de máscara e o mantemento da distancia social, así como o cumprimento do resto das normas fixadas pola organización ou que se puidesen indicar dende as autoridades sanitarias debido á evolución da pandemia pola covid-19. O acceso ao recinto estará permitido a partir das 22.00 horas. A celebración desta cita implicará unha serie de restricións no tráfico rodado que estarán debidamente indicadas, como a prohibición de subir pola rúa da Soria. Habilitaranse dúas zonas de estacionamento, xunto ao local social e nas proximidades do cenobio, que estarán tamén indicadas e desprazarase á zona persoal de Protección Civil para informar ás persoas que se acheguen ao evento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal