Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O DÍA 1 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO DE ROBÓTICA EDUCATIVA I E II
O CONCELLO ABRIRÁ O DÍA 1 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO DE ROBÓTICA EDUCATIVA I E II
O número de prazas por grupo adaptaranse ás medidas de prevención específicas establecidas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivadas da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia
Narón, 23 de agosto de 2021. O Obradoiro de Robótica, un dirixido a alumnado de 8 a 11 anos (Robótica I) e outro dirixido a alumnado de 12 a 14 anos (Robótica II), trátase dun obradoiro de robótica educativa que presenta a tecnoloxía aos nenos e nenas dunha forma lúdica, onde a aprendizaxe se realiza a través do xogo. É unha actividade innovadora e divertida deseñada para desenvolver as competencias e habilidades precisas para afrontar os desafíos do século XXI co obxecto de fomentar no alumnado a adquisición de habilidades fundamentais para o seu desenvolvemento persoal: creatividade, resolución de problemas, cooperación, traballo en equipo, autoconfianza, razoamento lóxico, analítico, pensamento crítico, etc.
As datas de celebración serán de outubro de 2021 a maio de 2022 e o lugar de impartición a Casa da Mocidade na Gándara. Constarán dunha sesión semanal de 1h e 30 minutos de duración en horario extraescolar.

Algúns dos contidos no Obradoiro de Robótica serán:
- Aprender conceptos básicos de programación por bloques utilizando programas como: Scratch Junior, Lego Wedo 2.o e Makecode de Microsoft.
- Crear videoxogos en 2D utilizando a plataforma Arcade/Makecode de Microsoft
-Programar drons intelixentes Parrot Mambo para que realicen tarefas sinxelas utilizando a programa por bloques Tynker.
- Comprender o funcionamento dun ordenador. Sistema binario e linguaxes de programación.
-Coñecer o funcionamento dos circuítos eléctricos. Realizar proxectos de reciclaxe utilizando materiais de refugallo mesturándoos con placas programables como Playgroundexpress.
- Construción e programación dun robot con Lego Wedo 2.0 interpretando planos

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.
As persoas interesadas poderán obter máis información no Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, 1ª planta, e no teléfono 981337700 ext. 1111/1108/1109



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal