Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA CURSOS GRATUITOS EN LIÑA PARA O EMPRENDEMENTO
O CONCELLO ORGANIZA CURSOS GRATUITOS EN LIÑA PARA O EMPRENDEMENTO
Prevese un período de impartición de catro semanas en cada curso, establecendo un calendario de titorías semanais de luns a venres con 3 horas diarias
Narón, 27 de agosto de 2021. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou no Concello 4 cursos en liña aberta ao público en xeral que se levarán a cabo desde o 7 de setembro ao 4 de outubro organizados polo Concello e cofinanciados polo Ministerio de Traballo e Economía Social a través do Servizo público de emprego estatal SEPE e enmarcados no programa da Rede Eusumo. Dita formación priorizará os colectivos de:
Mulleres, Persoas con diversidade funcional, Persoas en risco de exclusión social, Persoas vinculadas coa economía social e Persoas desempregadas.

Pita informou que os cursos teñen previsto un calendario de impartición de 4 semanas e un total de 60 horas lectivas cada un, as persoas interesadas poderán acceder ao formulario de inscrición no enderezo cursosnaron.formacionenrede.com
Os cursos serán os seguintes:

“A fórmula cooperativa como iniciativa emprendedora”. Ten como obxectivos:
• Analizar o perfil da persoa emprendedora, despertando e potenciando un espírito e actitude emprendedoras desde unha cultura cooperativa.
• Describir a estrutura e fundamentos dunha empresa cooperativa, revisando os trámites precisos para a súa posta en marcha.
• Coñecer a natureza xurídica e os fundamentos formais do modelo cooperativo.
• Adquirir as pautas e nocións básicas para describir axeitadamente unha idea de negocio e analizar as súas potencialidades

“Planificación empresarial no modelo cooperativo”. Ten como obxectivos:
• Comprender a utilidade e importancia dun plan de empresa cooperativa e coñecer e capacitar ao alumnado para a súa elaboración.
• Singularizar a empresa cooperativa en relación coas empresas capitalistas convencionais.
• Coñecer os conceptos clave e empregar as ferramentas para elaborar os plans de mercadotecnia, económico-financeiro, produción e de recursos humanos.
• Adquirir os coñecementos para a toma de decisións formais e organizativas nunha organización.

“Financiamento. Instrumentos éticos e alternativos para emprender”. Ten como obxectivos:
• Introducir os conceptos básicos sobre o funcionamento dunha economía e o papel do diñeiro, analizando as diferenzas entre economía real e economía especulativa.
• Reflexionar sobre as decisións económicas que unha persoa, empresa ou colectividade ten que tomar ao longo da súa vida, fomentando a cultura da responsabilidade.
• Describir os diferentes mercados,produtos e intermediarios financeiros existentes e o seu funcionamento, analizando as alternativas éticas e solidarias existentes desde unha perspectiva emprendedora.
• Sensibilizar sobre a importancia da ética nas finanzas e a responsabilidade social do sector financeiro.
• Contribuír ao desenvolvemento dunha cultura, actitudes e comportamentos orientados á innovación.

“Responsabilidade social empresarial para as cooperativas”. Ten como obxectivos:
• Estudar as claves fundamentais da Responsabilidade Social Empresarial e da súa aplicación nas organizacións e contornas actuais.
• Revisar e manexar as principais ferramentas existentes para a medición e análise da aplicación das diferentes medidas de Responsabilidade Social Empresarial nunha organización.
• Analizar a aplicación específica de medidas de Responsabilidade Social Empresarial no caso específico da fórmula empresarial cooperativa.
• Coñecer o concepto e implicacións do balance social.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal