Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ANUNCIOU Á XUNTA QUE O CONCELLO PRESENTARÁ ALEGACIÓNS AO ANTEPROXECTO DA LEI DE MELLORA DA XESTIÓN DO CICLO INTEGRAL DA AUGA
Marián Ferreiro participou esta mañá nunha webinar na que, entre outros, estiveron tamén a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez
Narón, 8 de setembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o xerente da empresa Cosma, José Manuel Marcote, participaron esta mañá nunha webinar coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e outros representantes de concellos da Federación Galega de Municipios e Provincias. A finalidade do encontro, impulsado dende Augas de Galicia, foi presentar aos asistentes o anteproxecto de lei de Mellora da Xestión do ciclo integral da auga, un documento concebido, tal e como indicaron na convocatoria, nun instrumento para os concellos que lles permita xestionar ese ciclo, baseado tanto na voluntariedade como a colaboración e o compromiso ambiental do cumprimento da Directiva Marco da auga para buscar unha xestión consensuada e equilibrada do mesmo dentro das competencias de cada administración. Ferreiro valorou a convocatoria desta webinar e interesouse sobre diferentes cuestións relacionadas co anteproxecto da Lei de mellora de xestión do ciclo integral da auga, facendo especial fincapé nos tributos e a obrigación de cofinanciación forzosa recollidos no documento, entre outros. A alcaldesa da cidade avanzou na convocatoria de hoxe que o Concello de Narón presentará unha serie de alegacións a este anteproxecto antes do vindeiro 15 de setembro, prazo no que remata a posibilidade de presentar alegacións ou suxestións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal