Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO LICITA EN 228.000 EUROS OS SERVIZOS DE LIMPEZA, MANTEMENTO E CONSERXERÍA DOS PAVILLÓNS CAMPO DA SERRA E AS LAGOAS
O CONCELLO LICITA EN 228.000 EUROS OS SERVIZOS DE LIMPEZA, MANTEMENTO E CONSERXERÍA DOS PAVILLÓNS CAMPO DA SERRA E AS LAGOAS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o vindeiro 8 de outubro para presentalas no Concello
Narón, 14 de setembro de 2021. O Concello licia en 228.569 euros o contrato dos servizos de limpeza xeral, traballos de mantemento básico e conserxería dos pavillóns Campo da Serra e As Lagoas, ubicados en Santa Icía e Freixeiro, respectivamente. A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o vindeiro 8 de outubro –ás 15.00 horas- para entregalas no Consistorio. Os plegos da convocatoria poden consultarse na Plataforma de Contratación do Sector Público.
En canto ás tarefas de limpeza e desinfección, a empresa adxudicataria do contrato deberá atender as zonas dos aseos e vestiarios, gradas e pista de xogo, oficinas e outras dependencias, accesos exteriores, cristais en xeral, mobiliario, hall de entrada, pasillos e chan en xeral, barandillas e pasamáns. A maiores, en relación co mantemento deberá encargarse do básico nas instalacións, correspondéndose con pequenos traballos a realizar como cambios de bombillas, manillas, cambios de bisagras.. e o mantemento das instalacións eléctrica e de saneamento, fontanería, pintura e albañilería, limpeza de canalóns do tellado… entre outras que figuran no plego do contrato.
A firma adxudicataria deberá encargarse tamén das labores de control dos accesos dos usuarios e usuarias ás instalacións, manexar a megafonía interna, levar a cabo un control informático ou electrónico dos accesos… traballos que actualmente desenvolve unha persoa en cada pavillón, se ben se conta con persoal correturnos a cargo da empresa no caso de que sexa preciso.
As horas máximas de contrato establecéronse en 2.500, sendo os horarios de apertura de ambas instalacións nos meses de xaneiro a xuño e de setembro a decembro: de luns a venres de 16.30 a 23.00 horas, os sábados de 10.00 a 12.30 e de 17.00 a 21.30 e os domingos de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 21.30 horas. Durante os meses de xullo e agosto, no caso de que se rexistre demanda de apertura os horarios serán: en xullo de luns a venres entre as 20.00 e as 22.00 horas e en agosto de 19.30 a 22.00 horas, tamén de luns a venres.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal