Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO EN REPULSA DO ASASINATO DUNHA MULLER NA CORUÑA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, outros representantes da corporación local e persoal do Concello participaron na convocatoria
Narón, 17 de setembro de 2021. O Concello convocou este mediodía unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato, na noite do pasado mércores, dunha muller de 52 anos, Mónica Marcos, na Coruña supostamente a mans da súa parella J.R.G., de 48 anos detido a última hora de onte en Madrid pola policía. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello, participaron na convocatoria para amosar a súa total repulsa á violencia de xénero. Os asistentes gardaron un minuto de silencio, tras unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”. A alcaldesa agradeceu a participación das persoas que se sumaron á convocatoria e incidiu na importancia de “erradicar esta lacra social”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal