Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONFRARÍA DE PESCADORES SANTIAGO APÓSTOL DE BARALLOBRE
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONFRARÍA DE PESCADORES SANTIAGO APÓSTOL DE BARALLOBRE
Marián Ferreiro rubricou esta mañá o acordo, por importe de 15.000 euros, co patrón maior da Confraría de Barallobre, Jorge López
Narón, 21 de setembro de 2021. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración con Jorge López, patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, por importe de 15.000 euros. Con cargo a esta partida, tal e como indicou a rexedora local, manterase o marco de colaboración que tiñan a administración local e a citada entidade, contribuíndo aos gastos de financiamento da mesma e apoiando o desenvolvemento sostible da súa actividade.
Unhas oitocentas familias están vencelladas laboralmente á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, tal e como indicaron dende o colectivo. Jorge López agradeceu a colaboración do Concello de Narón coa sinatura dun novo convenio a través do que tamén se promoverán algunhas actividades formativas e accións encamiñadas a mellorar as condicións da actividade pesqueira, establecer plans de produción e comercialización…
Ferreiro destacou o labor que desenvolve a Confraría de Barallobre e interesouse ante o patrón maior sobre a situación actual da entidade, ofrecendo a colaboración do Concello na medida do posible, para impulsar ao sector en xeral e ás familias que traballan na citada confraría.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal