Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PROGRAMOU CATRO OBRADOIROS DIRIXIDOS AOS CENTROS DE ENSINO E FAMILIAS DA CIDADE
O CONCELLO PROGRAMOU CATRO OBRADOIROS DIRIXIDOS AOS CENTROS DE ENSINO E FAMILIAS DA CIDADE
As edís de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino, Mercedes Taibo, deron a coñecer as diferentes propostas impulsadas polo Concello
Narón, 24 de setembro de 2021. O Concello oferta a través dos obradoiros educativos de Igualdade tres propostas aos colexios en horario lectivo da área de Igualdade e un obradoiro extraescolar de supervivencia doméstica. As edís de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino, Mercedes Taibo, presentaron estes obradoiros nos que animan a participar aos centros de ensino e familias da cidade.
Na área de Educación para a Igualdade ofertáronse tres obradoiros para impartir dende o vindeiro mes de outubro ata maio de 2022. Trátase dos de Corresponsabilidade, para alumnado de educación Infantil, de 5 anos; os de Sensibilización sobre os micromachismos, para alumnado de terceiro e cuarto curso de ESO; e os de Coeducación, para primeiro e segundo curso de Primaria. Gómez explicou que nos de Corresponsabilidade “un personaxe dun conto serve como exemplo de personaxe transgresora dos mandatos de xénero, poñendo en cuestión os estereotipos e apostando por unha aprendizaxe activa entre as nenas e nenos, para que tomen conciencia en primeira persoa da inxusta división sexual de tarefas entre homes e mulleres”, apuntou a edil.
Os obradoiros de Sensibilización sobre os micromachismos tamén se impartirán dende outubro deste ano a maio de 2022 en horario lectivo. “É moi importante que as rapazas e rapaces dispoñan dunha serie de recursos que lles permitan identificar roles e estereotipos de xénero, que participen en actividades informativas e de sensibilización contra a violencia de xénero e os micromachismos, traballando o debate e a reflexión colectiva”, recalcou.
Así mesmo, no que respecta aos obradoiros de Coeducación “servirán para sensibilizar e fomentar un cambio de mentalidade de valores entre o alumnado dacordo co principio de igualdade entre homes e mulleres, profundizando sobre a coeducación e educación emocional para garantir aulas libres de desigualdades e violencia de xénero”.
Pola súa banda, a edil de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que o obradoiro de Supervivencia doméstica mantén aberto o prazo de inscrición. Neste caso diríxese a familias con nenos/as escolarizados/as en centros de ensino de Narón e profesorado. Impartiranse tamén dende outubro ata maio e abordarán contidos como o concepto de coeducación para garantir fogares libres de desigualdades e estereotipos de xénero. “É importante reforzar o papel educativo que teñen tanto as familias como o profesorado na transmisión dos estereotipos de xénero, que o alumnado feminino e masculino adquiran diversas habilidades e coñecementos que lles permitan desenvolverse de forma autónoma”, indicou a concelleira. As sesións impartiranse en centros cívicos sociais municipais e outros locais municipais e crearanse un máximo de seis grupos con dez prazas por cada un deles. Trátase dunha proposta de balde, que se desenvolverá en horario de tarde e para a que se poden inscribir as persoas interesadas no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal