Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DUNHA VINTENA DE EXPOSITORES PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NA FEIRA DE DESENVOLVEMENTO RURAL "REXENERA AVENTUNARÓN"
O programa do evento inclúe a celebración de varias ponencias a cargo de profesionais en diferentes áreas e obradoiros, tal e como indicaron os edís de Promoción Económica e Medio Ambiente, David Pita e Santiago Galego
Narón, 27 de setembro de 2021. O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá esta fin de semana, os días 1, 2 e 3 de outubro, a Feira de desenvolvemento rural e medio ambiente “Rexenera Aventunarón”. O turismo activo, a sustentabilidade, a innovación e a enerxía terán un espacio propio neste evento, organizado polo Concello e no que colabora a Deputación da Coruña. Preto dunha vintena de expositores, vencellados á temática do evento, participarán nesta convocatoria, que nace coa intención de consolidarse no tempo, tal e como apuntaron os edís de Promoción Económica, David Pita, e Medio Ambiente, Santiago Galego. A feira disporá de tres espazos diferenciados: unha zona de exposicións na que se coñecerá a labor das diferentes empresas; unha de conferencias donde se sucederán as intervencións de profesionais en diferentes áreas e unha terceira de actividades na que se levarán a cabo obradoiros para persoas de todas as idades e vencellados ao medio ambiente e rural. O evento inaugurarase este venres ás 11.00 horas e entre as 12.00 e as 13.00 horas haberá unha ponencia sobre “Aproveitamento dos nosos montes”. Pola tarde haberá ponencias a partir das 16.00 horas sobre “Aves mariñas no entorno da Costa Ártabra”, “Eficiencia enerxética e renovables para autoconsumo”. Tamén haberá un apartado para actividades, que comezará ás 16.00 horas cun obradoiro medioambietal ao que seguirá ás 17.30 horas o de construción de caixas niño para paxaros e unha sesión de “workshop” ás 18.00 horas. A programación retomarase o sábado ás 10.45 horas, cunha ponencia sobre “O adestramento e a supervivencia”, e a continuación comezarán outras sobre “O novo turista de natureza”, “Modelo de desenvolvemento sostible do territorio” e tamén se falará sobre “Novas actividades turísticas sostibles no medio natural”. Pola tarde ás 16.00 horas haberá unha charla sobre “Ecoturismo e conservación da águia pescadora na bahía de Santander”, para seguir a programación con outras sobre “Modelo de desenvolvemento sostible do territorio” e de “Pegada de carbono e sostibilidade turística no entorno rural”. Así mesmo, haberá dende as 11.00 horas un obradoiro medioambiental e actividades de aventura, unha actividade con vehículo motobomba, un workshop e o obradoiro “Cada xesto conta: cálculo da pegada ecolóxica”. Pola tarde seguirán os obradoiros de 16.00 a 18.00 horas, sobre medioambiente, auga e lume e refuxio e nudos. O domingo 3 ás 10.30 horas haberá unha ponencia sobre “Invasoras no noso entorno” e sobre as 12.00 presentarase o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Medioambiental de Galicia (CEIDA) e as súas principais liñas de traballo. A convocatoria inclúe un obradoiro sobre “Que é o que chega ás nosas costas polo noso malfacer”. Outra das propostas que se desenvolverá na feira do Trece será un obradoiro sobre exploración de aves mariñas na Costa Ártabra, a través do proxecto “Narón, mar aberto”. O edil de Promoción Económica, David Pita, explicou que se trata dunha iniciativa impulsada a través do Golfo Ártabro Norte, en colaboración coa Consellería do Mar e financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP). O venres, día 1, ás 16.00 horas, o ornitólogo Antonio Sandoval impartirá unha charla sobre as especies de aves mariñas reprodutoras e migratorias do Golfo Ártabro. Así mesmo, entre as 17.15 e as 20.00 horas desenvolverase o obradoiro “Cada moucho no seu souto”, aberto á participación da cidadanía en xeral e no que os participantes se anotarán antes do inicio do mesmo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal