Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "INTERNET E INFORMÁTICA BÁSICA" NA AULA CEMIT DE XUVIA
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, avanzou que esta acción formativa se impartirá do 25 de outubro ao 10 de decembro
Narón, 28 de setembro de 2021. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou da apertura do prazo de inscrición nun novo curso a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia. A edil indicou que se trata dunha acción formativa sobre “Internet e informática básica” ao que se poden anotar as persoas interesadas a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37131. O curso impartirase, de balde, do 25 de outubro ao 10 de decembro –de 16.00 a 20.00 horas- nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia. En total impartiranse 124 horas e hai nove prazas dispoñibles. “A comezos deste mesmo mes iniciabamos as actividades do programa Cemit con dous cursos, aos que agora se suma esta nova convocatoria e coa previsión de ir anunciando outros nas vindeiras semanas”, asegurou Hermida. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tal e como recordou a edil naronesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal