Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MODELO DE XESTIÓN CULTURAL DE NARÓN PRESENTOUSE ONTE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE MANIZALES, EN COLOMBIA
O director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández, foi o encargado de impartir a ponencia sobre a xestión cultural da cidade
Narón, 30 de setembro de 2021. O director técnico do Padroado da Cultura de Narón, Luciano Fernández, desprazouse esta semana a Colombia para participar na 53 edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales, que comezou o pasado día 26 de setembro. Fernández estivo na Universidade de Caldas, na cidade de Manizales, donde onte impartiu unha conferencia á que acudiron técnicos culturais, directores/as de teatros e de festivais de artes escénicas de Colombia, Portugal, Chile, Ecuador e Uruguay. Fernández abordou durante a sesión o modelo de xestión cultural de Narón, que presentou aos asistentes á ponencia, incidindo en que se trata dun modelo de xestión participativa e democrática. No festival presentáronse catro experiencias, coa de Narón, correspondéndose as tres restantes coas desenvolvidas na República Dominicana, en Uruguay e no País Vasco. Este evento está considerado como un dos encontros máis esperados para os amantes do mundo do teatro, donde se presentan varias obras e tamén as experiencias na área cultural en diferentes países. A programación do evento inclúe ademais a representación de obras de teatro presenciais, virtuais en vivo, nas rúas e outras abertas con carácter permanente, coa presenza de oito países.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal