Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTA O PROGRAMA DE ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
As accións conmemorativas do Día da Biblioteca 2021 desenvolveranse o sábado 23 de outubro na Praza de Galicia de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 horas e contarán coas medidas de seguridade derivadas da prevención pola Covid-19
Narón, 13 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou, acompañada pola concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, a programación de actividades con motivo da conmemoración do Día Internaciónal das Bibliotecas. A iniciativa desta celebración internacional naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana. A rexedora local recordou que a Biblioteca de Narón non é allea aos cometidos e funcións que como biblioteca pública ten encomendados. No marco das celebracións do Día da Biblioteca, a misión da nosa biblioteca municipal debe ser precisamente ese achegamento á cidadanía, sobre todo a aquela parte para a que este servizo aínda non é coñecido nin disfrutado. As accións conmemorativas do Día da biblioteca 2021 desenvolveranse o sábado 23 de outubro na Praza de Galicia e os seus obxectivos son: dar a coñecer os servizos bibliotecarios, achegar a biblioteca á cidadanía que non accede a ela, levar os servizos bibliotecarios a un espazo lúdico de esparcimento e a captación de usuarios/as potenciais. A programación constará de dous bloques: Difusión de información, coa exposición de aqueles materiais que non precisen de contacto físico coas persoas (fotografías e/ou vídeos informativos, paneis con códigos QR que leven ás diferentes seccións da nosa web…) Dinamización activa, a través de: - Dúas sesións de contacontos: “Os tres porquiños”, para bebés, a cargo de Migallas teatro ás 11.30.h e “Galicia máxica”, para público infantil e familiar, a cargo de Marta Ortiz, ás 13.00 horas. - Obradoiros creativos: “Obradoiro de ilustración” a cargo de Leandro Lamas, ás 17.00 horas. - Música en directo: Concerto “As miñas mans” de Pablo Díaz, ás 18.30 horas. A concelleira de Ensino informou de que é necesaria unha inscrición previa nas actividades. As persoas que queiran reservar a súa praza poden facelo a partir do luns 18 de outubro ás 9:30 horas de maneira presencial na propia biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura. No caso de quedar prazas dispoñibles para calquera das actividades poderán ocuparse polas persoas que se acheguen ese mesmo día á Praza de Galicia previo rexistro dos seus datos (nome completo e número de teléfono de contacto). Atendendo ás medidas de seguridade, todas as persoas asistentes deberán permanecer co cubrebocas posto en todo momento (agás os/as menores de 6 anos, para quen é opcional). Será obrigatoria a desinfección das mans cunha solución hidroalcólica que se facilitará á entrada da carpa. A entrada e saída na carpa farase de maneira organizada por unidades de convivencia. As cadeiras estarán colocadas respectando a distancia de seguridade entre persoas (agrupadas por unidades de convivencia) e serán debidamente desinfectadas entre unha actividade e a seguinte.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal