Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A INFLUENCIA DO VIRUS VIH NAS MULLERES DO TERCEIRO MUNDO
Pódese visitar ata o vindeiro día 10 de decembro
Narón, 1 de Decembro de 2009.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa unha exposición titulada “Vidas en positivo” que se pode visitar no Auditorio Municipal do Alto en horario de mañá e tarde, dende hoxe e ata o vindeiro 10 de decembro. A mostra, propiedade da ONG Axuda en Acción, recolle unha treintena de fotografías que reflexan o sentir das mulleres que sufren o virus do SIDA e cómo se desenvolve a súa vida diaria. A Edila de Igualdade destacou a labor desta ONG (que hoxe estivo representada en Narón por Paula Rojas e Estefanía Doce) cuio obxectivo é mellorar a calidade de vida de nenos/as e as súas familias en todo o mundo. A exposición fotográfica consta de imaxes de mulleres realizadas en Filipinas, Africa do Sur, China, Japón, Ruanda, EEUU, Bangladesh, India e Camboya. A través das fotografías preténdese dar a coñecer a problemática desta enfermidade, derivada das condicións de pobreza extrema nas que viven as súas protagonistas. Ademáis, esta mostra se complementa coa proxección dun documental titulado “Espertar” no que se reflexa o mesmo problema. O virus VIH afecta a 33 millóns de persoas no mundo, o 70% dos cales viven en África, e a maioría son mulleres. A cinta reflexa o traballo de prevención do SIDA que se realiza nas escolas do terceiro mundo, pero tamén a grande dificultade que existe nestos países para acceder ó tratamento médico necesario, xa que en Africa disponse tan só dun médico para atender a 50.000 persoas aproximadamente. O documental proxectarase mañá mércores ás 20:00 horas, no salón de actos da Biblioteca Municipal (situado no sótano do edificio) e estará presentado por Carlos Piñeiros, médico de Atención Primaria do Centro de Saúde de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal