Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E OUTROS REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN NARONESA ASISTIRON Á MOBILIZACIÓN CONVOCADA ESTA MAÑÁ POR TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE ELECTRORAYMA
A  ALCALDESA E OUTROS REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN NARONESA ASISTIRON Á MOBILIZACIÓN CONVOCADA ESTA MAÑÁ POR TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE ELECTRORAYMA
A rexedora local, Marián Ferreiro, reiterou o apoio do Concello, dentro das posibilidades da administración local, ás reivindicacións do plantel de traballadores e traballadoras
Narón, 15 de outubro de 2021. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asistiu esta mañá xunto con outros representantes da corporación municipal á mobilización convocada por traballadores e traballadoras de ElectroRayma con motivo da situación complicada na que se atopan actualmente.
ElectroRayma é unha empresa con sede en Narón con máis de trinta anos como proveedora do sector naval, con altas capacidades técnicas en proxectos, montaxes, reparacións e mantemento eléctrico, electrónico e sistemas de control, mesmo en reparación de motores e xeradores. A difícil situación do plantel de traballadores e traballadoras derivase principalmente da retirada de carga de traballo por parte de Navantia. Esta situación podería provocar un importante problema social na comarca como consecuencia da perda de emprego.

O Pleno do pasado mes de setembro do Concello de Narón aprobou unha declaración institucional na que se acorda instar a Navantia para que conte coa Empresa ElectroRayma para o desenvolvemento de novos proxectos co obxectivo de que esa carga de traballo evite que máis de trescentas familias se vexan afectadas á perda do seu emprego.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, manifestou o seu apoio aos traballadores e traballadoras da empresa ElectroRayma nas súas reivindicacións e reiterou o apoio do Concello de Narón en todas as circunstancias nas que sexa posible desde a administración local.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal