Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS ESPECTÁCULOS TEATRAIS "LAS CRIADAS" E "ALICIA" PODERÁN VERSE ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 26 de outubro de 2021. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos: a obra teatral “Las criadas”, de Pentación Espectáculos o sábado 30 ás 20.00 horas e a peza de teatro musical “Alicia”, de Máquina Teatral Teloncillo SL o domingo 31 ás 18.00 horas. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. A representación da obra “Las criadas”, enmarcada no xénero do drama, traerá a Narón á recoñecida actriz Alicia Borrachero, que xunto con Jorge Calvo e Ana Torrent forma o elenco desta peza. Durante unha hora e media os espectadores terán a oportunidade de ver unha peza protagonizada polas irmáns Claire e Solange Lemercier, as criadas dunha dama da alta burguesía francesa que cada noite levan a cabo un perverso ritual. A inquina e a rabia de ser conscientes do seu destino de criadas levaráas a un desenlace fatal. O prezo das entradas é de 16 euros para o público xeral e de 11,20 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O domingo será o turno do público familiar e infantil, con “Alicia”, unha peza para menores a partir de 5 anos de pero dunha hora de duración. Alicia, unha nena á que lle aburren os libros que non teñen debuxos, a pesares das recomendacións da súa irmá por pensar o contrario, é a protagonista desta obra, na que tamén terán un papel fundamental varios animais –coello, lebre, gato, lirón…- e outras persoas, como un xardineiro, a irmá de Alicia, unha duquesa, unha cociñeira, un rei… O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal