Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "DESEÑO GRÁFICO CON CANVA" NA AULA CEMIT DE XUVIA
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que se ofertan un total de nove prazas, que se cubrirán por orde de inscrición
Narón, 29 de outubro de 2021. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou da apertura, hoxe, do prazo de inscrición nun novo curso convocado a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia. A edil indicou que se trata dunha acción formativa sobre “Deseño gráfico con Canva” ao que se poden anotar as persoas interesadas a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/37366 Esta acción formativa oferta un total de nove prazas (de balde e que se cubrirán por orde de inscrición), e impartirase do 18 ao 30 de novembro (32 horas en total), nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia, en horario de 9.30 a 13.30 horas. Edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, creación de logotipos, infografías, menús para restaurantes e cafeterías, cabeceiras para Youtube, miniaturas, pósters, publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais forman parte dos contidos que se abordarán co alumnado deste curso. Hermida recordou que entre os meses de febreiro e xullo deste ano convocáronse na cidade seis accións formativas do programa Cemit. Así mesmo, indicou que os cursos deste programa se retomaron o pasado setembro, cando se convocaron outros tres, sendo o de “Deseño gráfico con Canva” o décimo que se convoca este ano. “Trátase dunha acción formativa moi completa e á que animo a inscribirse ás veciñas e veciños interesados nestes contidos”, indicou a edil, que avanzou que ata finais de ano se convocarán novos cursos na Aula Cemit de Xuvia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal