Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA DEZ PRAZAS MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO OPOSICIÓN
O concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz, indicou que as persoas interesadas en presentarse aos exames dispoñen de vinte días naturais, contados dende hoxe, para entregar as solicitudes
Narón, 2 de novembro de 2021. O Boletín Oficial do Estado (BOE) de onte publica unha resolución do Concello de Narón sobre a convocatoria para proveer un total de dez prazas mediante sistema de concurso oposición en turno libre. O concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz, explicou que as persoas interesadas en formar parte do procedemento dispoñen dun total de vinte días naturais –contados dende hoxe- para presentar as solicitudes. En total convocase unha praza de Técnico/a de Normalización Lingüística, outra de Traballador/a social, unha de Técnico/a informático/a, outra de Axente de Desenvolvemento Local; unha de Animador/a sociocultural, outra de Administrativo/a, unha de Auxiliar administrativo, outra de Orientador/ora laboral e dúas de peón de limpeza e desinfección de gando. No Boletín Oficial da Provincia (BOP) dos días 25 e 28 de xuño, 22 de xullo, 24 de agosto e 9 de setembro están publicadas íntegramente as bases do concurso oposición, en turno libre.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal