Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMA ESTA TARDE NA GÁNDARA OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A edil de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá as convocatorias que se sucederán nos barrios e parroquias da cidade ata o vindeiro 2 de decembro
Narón, 2 de novembro de 2021. O Concello retoma esta tarde ás 18.00 horas no local social da Gándara os Consellos Territoriais, uns espazos de encontro da veciñanza aos que asistirán representantes da corporación local e que teñen entre os seus obxectivos promover o intercambio de necesidades e ideas do territorio. A edil de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá os Consellos Territoriais que dende hoxe e ata o vindeiro 2 de decembro se sucederán en todos os barrios e parroquias da cidade. As seguintes citas programadas este mes serán o día 3 na Escola de San Mateo -18.00 horas-; o 9 no Local Social de Xuvia -19.00-; o 10 no local da Sociedade Cultural Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso -18.00-; o 11 no local social de Piñeiros -19.00-; o 15 no local social do Val -17.30-; o 16 no local social “Virxe de Fátima”, en Freixeiro -18.00-; o 17 no local social do Couto -18.00-; o 18 no local social de Doso -20.00-; o 24 no local social “O Paraxe”, en Castro -19.30-; o 29 no local social de San Xiao -18.00- e o 30 no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía -19.00-. En decembro terán lugar os dous últimos, o primeiro deles o día 1 no local social do Alto do Castiñeiro -18.00 horas- e o seguinte o 2 no local social de Sedes -19.30-. O estado das diferentes cuestións abordadas na primeira edición dos Consellos Territoriais deste ano e as principais liñas do proxecto de orzamentos municipais para 2022, serán algúns dos asuntos que se abordarán nas sesións. As persoas que desexen asistir deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal