Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DECLARA DESETO O CONCURSO "TARTA DE NARÓN" DESPOIS DA DELIBERACIÓN DO XURADO
Os tres profesionais que integraron o xurado reuníronse o pasado día 5 para valorar as propostas presentadas
Narón, 11 de novembro de 2021. O pasado venres día 5 o xurado composto por Lucía Freitas, Pablo Morales e Manuel Cordido decidiu por unanimidade declarar deserto o concurso para a creación da denominada "Tarta de Narón". Os membros do xurado aínda valorando a calidade das propostas presentadas, declararon o concurso deserto por non cumprir cos obxectivos marcado polo Concello de Narón para a creación dun doce de viaxe que o represente e sexa un reclamo turístico e gastronómico. O Concello de Narón, organizador da iniciativa, pretende continuar co proceso para conseguir esa proposta de doce, que inspirado na tradición cultural ou gastronómica da zona a represente en distintos eventos turísticos ou de lecer. A "Tarta de Narón" é unha marca rexistrada polo Concello de Narón, acompañada dunha ilustración do Muíño das Aceas, creación do deseñador Juanlu Fernández.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal