Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTA ESTA TARDE O RECETARIO "NARÓN, PRODUTOS DA RÍA"
O Concello editou 8.000 exemplares desta publicación, na que colaboraron establecementos hostaleiros de Narón e comarca e outros profesionais do sector, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 18 de novembro de 2021. O recetario “Narón, produtos da ría” presentarase esta tarde, ás 18.30 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, acudirá á convocatoria, na que a formadora en temas nutricionais Susana Rañal se encargará de elaborar algunhas receitas con ameixas e zamburiñas para que poidan degustar as persoas que acudan. A publicación consta de vinte e cinco receitas elaboradas por quince establecementos hostaleiros de Narón e comarca e dez pequerrecetas seleccionadas e elaboradas polo equipo dun restaurante naronés e coordinadas por Carlos Souto, profesor de cociña no IES Fraga do Eume. Escrito en castelán, galego e inglés, o libro está ilustrado con imaxes de cada unha das receitas. Os 8.000 exemplares editados distribuiranse polas asociacións veciñais, o GALP, a oficina de Turismo da Xunta, asociación de hostaleiros de Ferrolterra, locais de hostalería, confrarías de Ferrol e Barallobre, a cooperativa do Val, Biblioteca e ludoteca municipais, centros de ensino… entre outros lugares. Tamén se entregarán exemplares ás persoas que acudan ao acto desta tarde, ao que están convidados entre outros os autores das receitas, que poderán ver unha proxección con todas as propostas gastronómicas de “Narón, produtos da ría”. A iniciativa, impulsada dende o Concello levouse a cabo en colaboración co GALP Golfo Ártabro Norte e a Consellería do Mar a través del Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal