Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CELEBRARÁ MAÑÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA DE NARÓN, FESTIVIDADE LOCAL
O CONCELLO CELEBRARÁ MAÑÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA DE NARÓN, FESTIVIDADE LOCAL
O acto institucional, presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro, consistirá na presentación dunha escultura en homenaxe á solidariedade das veciñas e veciños durante a pandemia
Narón, 22 de novembro de 2021. O Concello celebra mañá, 23 de novembro, o Día de Narón, festividade local. Ao longo da mañá e da tarde sucederanse varias propostas dirixidas á cidadanía que comezarán ás 12.00 horas cun acto institucional no que se presentará a escultura realizada en homenaxe á solidariedade e que se instalará preto do novo centro de saúde, na intersección da estrada de Castela co Camiño do Lodairo. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o acto, ao que acudirán outros representantes da corporación local, o escultor autor da obra, José Castiñeiras, e diferentes colectivos sociais. A convocatoria desenvolverase baixo o lema: “Saber tender unha man nos momentos máis difíciles fainos ser un gran pobo”.
Ao longo da mañá tamén haberá outras propostas pensadas para público familiar e infantil na Praza 23 de novembro, como un espectáculo do Mago Antón, de 12.00 a 12.45 e de 13.15 a 14.00 horas, no camión do espectáculo do propio Mago. Tamén pola mañá, no pavillón Campo da Serra –cambiouse a ubicación debido ás previsións meteorolóxicas- haberá xogos populares de 12.00 a 14.00. Así mesmo, pola tarde na Praza 23 de novembro poderase ver de novo o espectáculo do Mago Antón, de 16.00 a 16.45 horas e con sesións tamén as 17.30 a 18.15 e de 19.00 a 19.45 e haberá novamente xogos populares no pavillón Campo da Serra de 16.00 a 19.00 horas. No que respecta ao espectáculo de maxia, cada unha das sesións está limitada a un máximo de 50 prazas, que se cubrirán por orde de chegada.
Así mesmo, na Praza 23 de novembro de 17.00 a 18.00 horas programouse un espectáculo musical dirixido a público familiar, “A fiestra dos soños”, a cargo da compañía Trotaventos e unha chocolatada popular dende as 18.00 ata as 20.00 horas.
Finalmente, ás 19.00 horas o Pazo da Cultura acollerá un dos actos tradicionais do programa do Día de Narón, a entrega dos premios do “XIII Concurso de Pintura Cidade de Narón”, que este ano o xurado concedeu ao pintor ferrolán afincado en Madrid Andrés Gabarres. Entregaranse tamén detalles pola súa participación ao resto de participantes nas modalidades infantil e xuvenil deste certame.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal