Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
INAUGURADA NO DÍA DE NARÓN A ESCULTURA EN RECOÑECEMENTO Á SOLIDARIEDADE DAS PERSOAS QUE AXUDARON NA LOITA CONTRA A COVID-19
INAUGURADA NO DÍA DE NARÓN A ESCULTURA EN RECOÑECEMENTO Á SOLIDARIEDADE DAS PERSOAS QUE AXUDARON NA LOITA CONTRA A COVID-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, inaugurou a obra xunto ao autor da mesma, o mestre escultor José Castiñeiras
Narón, 23 de novembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá o acto institucional do 23 de Novembro, Día de Narón. A rexedora local, acompañada doutros representantes da corporación municipal, do mestre escultor José Castiñeiras e de diferentes colectivos, veciñas e veciños da cidade, inaugurou no Alto unha escultura “Do pobo de Narón en recoñecemento á solidariedade das persoas que axudaron na loita contra a Covid-19”, tal e como reza na mesma. Realizada en granito e duns tres metros de altura, a peza, con forma de tres mans, localízase nas inmediacións do novo centro de saúde do Alto, na intersección da estrada de Castela co Camiño do Lodairo.
Ferreiro agradeceu a Castiñeiras a doazón do deseño desta escultura e a excelente disposición do artista para materializar esta iniciativa plantexada dende o Concello. A alcaldesa agradeceulle tamén o convite á súa casa para poder ver algunhas das súas obras e a súa proposta en base á idea plantexada dende o Consistorio, que quedou fielmente reflexada na escultura que se inaugurou hoxe. Con ela, recalcou a rexedora local, “queremos recoñecer o traballo de toda esa xente que botou unha man durante a pandemia a os que máis o precisaban. Estamos moi orgullosos de todas e todos os que axudaron a sobrelevar un pouco mellor esta dura situación que nos tocou vivir e sobre a que temos que continuar mantendo as máximas precaucións”, subliñou. “En momentos nos que non tiñamos nada, cando un bote de hidroxel era difícil de conseguir, ou luvas, máscaras, o feito de poder axudar ás persoas que estaban confinadas nas súas casas…. Toda esa axuda para nós como Concello foi moi importante”, incidiu.
O mestre escultor José Castiñeiras explicou que basou a súa obra “na solidariedade das persoas que axudaron na covid-19, profesionais e particulares, tendendo unha man”. O autor da peza asegurou que “iso xa di todo, por iso fixen a escultura representando tres mans semiabertas”.
Os actos do Día de Narón incluíron pola mañá na Praza 23 de novembro dúas sesións do espectáculo de O Mago Antón que tiveron lugar no interior do camión no que percorre os concellos galegos. O espectáculo é de balde –cun límite de 50 persoas por pase- e poderase ver tamén esta tarde: ás 16.00, 17.30 e 19.00 horas. Tamén pola tarde, de 17.00 a 18.00 horas terá lugar baixo unha carpa instalada na citada praza o espectáculo musical “A fiestra dos soños”, da compañía Trotaventos.
A programación complétase con sesións de xogos populares que comezaron pola mañá e continuarán esta tarde, de 16.00 a 19.00 horas no pavillón municipal Campo da Serra. Tamén pola tarde haberá unha chocolatada popular de 18.00 a 20.00 horas na Praza 23 de novembro.
Finalmente, ás 19.00 horas o Pazo da Cultura acollerá o acto que pechará o programa do Día de Narón, a entrega de premios do “XIII Concurso de Pintura Cidade de Narón”. O pintor ferrolán afincado en Madrid Andrés Gabarres Cagiao alzouse co primeiro premio, pola obra “Plastic Hotel”, dotado con 3.000 euros. A alcaldesa será a encargada de entregarlle o premio, acompañada por integrantes da corporación local e tamén no mesmo acto se dará un agasallo pola súa participación ás persoas que entregaron traballos para as categorías infantil e xuvenil. A obra de Gabarres pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e o seu autor ten dereito a unha exposición do seu traballo durante quinte días no Pazo, tal e como se estipula nas bases deste certame.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal