Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
NOVAS INTERRUPCIÓNS NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN RÍO DO POZO E NA ZONA URBANA POR MELLORAS NA REDE
NOVAS INTERRUPCIÓNS NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO EN RÍO DO POZO E NA ZONA URBANA POR MELLORAS NA REDE
Os cortes materializaranse na madrugada do xoves 24 e tamén na do 30 deste mes, tal e como se indicou dende a compañía
Narón, 24 de novembro de 2021. A empresa Grupo Naturgy comunicou ao Concello novas interrupcións no subministro eléctrico para esta madrugada e para a xornada do 30 de novembro. Unha vez máis, dende a compañía explicaron que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona.
Esta madrugada os cortes comezarán de 00.00 a 2.00 horas, e afectarán a varias rúas do polígono de Río do Pozo, concretamente ás dos Ceramistas, Torneiros e Jesús Fernández Pita. Así mesmo, entre as 2.00 e as 3.00 horas as rúas afectadas deste parque empresarial serán as de Muiñeiros e Vidreiros; de 4.00 a 5.00 as de Afiadores e Toneleiros, de 5.00 a 6.00 as de Muiñeiros e Toneleiros e de 6.00 a 7.00 a avenida Bernardo Romero.
Na xornada do vindeiro martes, día 30, programouse un novo corte, de 00.00 a 2.30 horas, neste caso na zona urbana de Narón, concretamente nas rúas Alexandre Bóveda e Xaquín Bruquetas e na avenida da Solaina.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal