Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DISEÑA UNHAS FESTAS DE NADAL DIRIXIDAS A TÓDOLOS PÚBLICOS
Consulte aquí a programación de actividades previstas do 26 de decembro ó 4 de xaneiro.
Narón, 21 de Decembro de 2009.- A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez Casal, presentou hoxe en rolda de prensa a Programación de Festas de Nadal, que dispón dun orzamento de 55.000 euros. A edila explicou que dende o Concello tense programadas actividades para tódolos públicos –nenos/as, mozos e mozas, e persoas maiores- de carácter gratuito, e que se celebrarán na Praza de Galicia. A programación de Festas contempla tres eventos diferenciados: os festivais infantís (do 26 ó 30 de decembro, e do 2 ó 4 de xaneiro), a festa da noite de fin de ano, e o recibimento ós Reis Magos (o 4 de xaneiro). PROGRAMACION DAS FESTAS: Dia 26 de decembro: de 16 a 19 horas, festa infantil con atraccións inchables Dia 27 de decembro: de 16 a 19 horas, festa infantil con xogos e animadores, e cine infantil con capacidade para 200 nenos/as –sentados- e con calefacción baixo carpa. Dia 28 de decembro: de 16 a 19 horas, festa infantil con inchables e karaoke. Dia 29 de decembro: de 16 a 19 horas, cine infantil e atraccións. Dia 30 de decembro: de 16 a 19 horas, festival infantil co grupo Diver Show. Dia 31 de decembro: celebración da Noite de fin de Ano. Instalación dunha carpa climatizada de 1.200 m2 de superficie, con capacidade para 300 cadeiras, con entrada á mesma de balde. Actuación das orquestras Filadelphia e Montes. Dia 2 de xaneiro: de 16 a 19 horas, karaoke infantil e cine Dia 3 de xaneiro: de 16 a 19 horas, obradoiros de malabares e manualidades, maquillaxes e globoflexia. Dia 4 de xaneiro: ás 17 horas, recibimento ás súas maxestades Os Reis Magos de Oriente. Haberá atraccións inchables, e reparto de caramelos. Ademáis, durante tódolos días de festa a ong LENA disporá dun posto de venda de agasallos artesáns. A Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez, animou a tódolos veciños e veciñas de Narón e bisbarra a participar nestos festexos, abertos á cidadanía en xeral.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal