Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR OS VALES PARA COMPRAR AGASALLOS DE NADAL DIRIXIDOS A MENORES DE FAMILIAS VULNERABLES
As axudas poderán solicitarse dende mañá ata o vindeiro 13 de decembro (incluído), tal e como avanzou a edil de Benestar Social, Catalina García
Narón, 25 de novembro de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou a apertura do prazo, mañá venres, para solicitar as axudas convocadas polo Concello para a adquisición de agasallos de Nadal e destinadas ás familias máis vulnerables da cidade. Esta convocatoria publicouse no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, tal e como recordou García, e as persoas ás que se dirixe dispoñen de prazo ata o 13 de decembro (incluído) para presentar a solicitude e a documentación requerida no Rexistro do Concello, a través da Sede Electrónica ou por calquera dos medios contemplados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo común das administracións públicas. O Concello destina unha partida global máxima de 15.000 euros a estas axudas. Poderán solicitar estas axudas as familias empadroadas en Narón, con fillos menores que a 31 de decembro deste ano teñan entre 0 e 16 anos. García explicou que “o Concello entregará un vale por importe de 60 euros por menor que poderán gastar en establecementos comerciais de Narón que acepten o vale polo importe máximo que figure no mesmo”. O obxectivo desta convocatoria é que “as nenas e nenos das familias máis vulnerables poidan ter tamén os seus xoguetes este Nadal, fomentando así a igualdade deses menores de familias que nestes momentos viven unha situación económica precaria”. As bases reguladoras do procedemento poden consultarse ao completo no Boletín Oficial da Provincia do pasado 22 de novembro, a través do enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/11/22/2021_0000007909.pdf.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal