Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL DIRIXIDO A MULLERES
O prazo de solicitude para poder participar neste programa rematará o 3 de decembro
Narón, 26 de novembro de 2021. A Xunta de Galicia concedeu á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia (PIE). A administración autonómica e o Servicio Público de Emprego Estatal financian esta convocatoria con 217.500 euros, sobre 250.000 euros do custo total. Vai dirixida a mulleres en situación de desemprego empadroadas nos Concellos de: Cedeira, Valdoviño, Narón, Fene, Neda, Cabanas, Ares ou Mugardos e que cumpran algún dos seguintes requisitos: • certificado de discapacidade. • risco de exclusión social e beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia. • vítimas de violencia de xénero. • menores de 30 anos con baixa cualificación. • estar desempregadas (e inscritas como demandantes de emprego). O Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol 2021/2022 ten unha duración de doce meses e o seu obxectivo principal é achegar ferramentas ás participantes de xeito que melloren a súa empregabilidade e logren a inserción laboral. Os medios que se utilizan para a consecución do obxectivo son moi diversos e adaptados ao perfil de cada persoa. Con este fin, conxugaranse accións individuais co persoal técnico do programa (orientación laboral, asesoramento, itinerarios personalizados de inserción) con accións formativas tanto cualificantes (atención sociosanitaria, administración, comercio e loxística, peixaría…) como de tipo transversal (preparación para as competencias clave, informática, idiomas, habelencias sociolaborais, talleres de busca de emprego, talleres de entrevista…). O persoal técnico tamén abordará a prospección laboral de xeito que en todo momento manterá contactos coas empresas da contorna de cara a coñecer as necesidades do mercado, as posibles ofertas de emprego e poñelas en contacto coas usuarias do programa. O obxectivo mínimo de inserción laboral do Programa Integrado de Emprego deste ano é do 35%. É importante subliñar que todas estas accións se apoiarán con medidas que permitan a participación das usuarias, de xeito que aquelas que teñan menores ou persoas con discapacidade ao seu cargo (e non dispoñan de recursos de apoio) poderán beneficiarse dun servizo de conciliación. Así mesmo, terán dereito a percibir unha bolsa de 7 euros por día de asistencia ás accións do programa. Esta metodoloxía permite que as participantes amplíen non só a súa cualificación senón que, ao mellorar o coñecemento de si mesmas e do propio mercado laboral, poidan adquirir formación que lles sirva para que a súa busca de emprego sexa máis eficiente e efectiva. As mulleres interesadas en ampliar información ou inscribirse no programa poderán solicitalo do seguinte xeito: Persoal técnico do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade. Tlf 697 874 155 / 670 304 224 / 981944000 ext. 378. piemancomunidade@ferrol.es Ares. Área de Formación e Emprego Tlf.: 689 242 598 Cabanas. emprego@cabanas.gal / 670 304 224 / 697 874 155 / 981 944 000 ext. 378 Cedeira. Área de Formación e Emprego. Tlf. 981 480 000 (extensión 4) Fene. orientacion.laboral@fene.gal. Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”. Teléfono 981 492 767 Mugardos. Área de Formación e Emprego.Tlf. 698 188 608 Narón. Centro de Formación Irmás Froilaz. Av. do Mar, 115, Polígono Industrial da Gándara. Tlf. 981 333 135 / 697 874 155 / 670 304 224 Neda. Departamento municipal de Servizos Sociais. 981380039 extensión 2 Valdoviño. Departamento municipal de Servizos Sociais. Teléfono 981 48 70 41 (extensión 5). Así mesmo tamén poden consultar toda a información na páxina web da Mancomunidade www.comarcaferrolterra.es, na que haberá unha folla de solicitude. Esta deberá ser cuberta e enviada ao correo electrónico piemancomunidade@ferrol.es ou deixala presencialmente nos departamentos indicados dos respectivos Concellos, así como no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz (Avenida do Mar, 115. A Gándara. Narón). O prazo de solicitude é dende hoxe ata o 3 de decembro, ambos incluídos. Posteriormente as mulleres inscritas serán chamadas a unha entrevista de cara a facer a selección final de participantes no programa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal