Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O GRUPO DE BAILES TRADICIONAIS "ALXIBEIRA" PRESENTARÁ ESTE DOMINGO NO PAZO O SEU NOVO REPERTORIO
O GRUPO DE BAILES TRADICIONAIS
A ciita será ás 19.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 26 de novembro de 2021. O Grupo de Bailes Tradicionais “Alxibeira”, do Padroado da Cultura, presentará este domingo, día 28, no Pazo da Cultura, o seu novo repertorio. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou o traballo realizado dende a formación “por continuar mantendo vivas as nosas tradicións culturais e ofrecernos este novo repertorio con novas músicas, cancións, vestiarios e bailes”. A cita será ás 19.00 horas e as entradas poden adquirirse, a un prezo de tres euros, na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
A alcaldesa destacou o importante labor de todas aquelas persoas que, na traxectoria desta agrupación –constituída no ano 1986-, fixeron posible recuperar unha parte moi importante da cultura tradicional galega e ser hoxe en día un referente dentro e fóra de Narón. Baixo a dirección de Quique Peón, os integrantes de “Alxibeira” subiranse o domingo ao escenario do Pazo para deleitar ao público, durante aproximadamente unha hora, co seu repertorio.
O Grupo de Bailes Tradicionais “Alxibeira” intégrano, dende a súa constitución, varias rapazas e rapaces de Narón e tamén doutros concellos. Coa chegada do novo repertorio tamén se coñecerán as novas incorporacións a esta agrupación que partiu de alumnado das Escolas de Baile Tradicional do Padroado da Cultura de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal