Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA NOVAS XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE "ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS" NA ZONA URBANA E RURAL
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou que a primeira das charlas terá lugar o vindeiro luns día 29 na Cooperativa do Val
Narón, 27 de novembro de 2021. O Concello de Narón dará continuidade ás xornadas informativas sobre “Especies exóticas invasoras” que comezaron a principios de mes no Alto do Castiñeiro. O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, avanzou que a partir do vindeiro luns retomaranse estas sesións, tal e como se anunciara, na zona urbana e rural da cidade. A primeira das citas programadas será o luns 29 ás 19.00 horas nas instalacións da Cooperativa do Val. A entrada é libre ata completar o aforo dos locais nos que se impartirán. Un profesional do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) será o encargado de impartir as charlas sobre “Especies exóticas invasoras”. As seguintes xornadas terán lugar no mes de decembro, o día 3 ás 20.00 horas no local social de Xuvia; o 9 ás 19.30 no local social de Sedes; o 13 ás 19.30 .no local social de Doso; o 16 ás 19.30 no de Pedroso e a última será o 17 ás 19.00 horas no local social da Gándara. Durante as sesións o profesional do CEIDA ofrecerá aos asistentes información sobre as especies exóticas invasoras –sobre as que ten competencias a Xunta de Galicia-. A importancia da súa erradicación e as medidas de control destas especies, para evitar a súa proliferación, serán dúas das cuestións sobre as que se realizará especial incidencia, tal e como apuntou Galego. O edil naronés animou á veciñanza a acudir a estas convocatorias, para coñecer de primeira man a gravidade da expansión destas especies e poder realizar a un profesional nesta área as preguntas que considere oportunas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal